Skip to main content
Pantón

Ata finais de maio as persoas que queiran poderán acudir os sábados a clases de baile de salón en Pantón

Por 7 Abril, 2023Abril 8th, 2023Sin comentarios

O Concello de Pantón organiza clases de baile de salón para as tardes dos sábados.

Así, entre as 18.00 e as 19.30 horas, as persoas interesadas poderán acudir á sala de ximnasia do Concello e aprender esta técnica de baile.

Este curso terá lugar desde abril e ata finais de maio e terá un custo de cinco euros por persoa cada día que se acuda á clase.

Para máis información e inscricións haberá que contactar co número 659 07 32 04.