Skip to main content
Pantón

Pantón acollerá unhas xornadas de democratización para maiores de 50 anos impartidas pola USC

Por 12 Abril, 2023Sin comentarios

O programa universitario de maiores IV ciclo organiza ‘Camiños de coñecemento e experiencia’, un proxecto de democratización do coñecemento para maiores de 50 anos que terá lugar en Pantón.

Así, os días 19, 20, 21, 24, 25 e 25 de abril terán lugar unhas xornadas no municipio da Ribeira Sacra para formar a maiores de 50 anos en diversos aspectos.

Para máis información e matrícula, as persoas interesadas poderán achegarse á Casa da Cultura de Pantón, onde terán lugar estas xornadas, en horario de 10.00 a 20.00 horas.

O programa

O 19 comezarán estas xornadas coa celebración dun seminario sobre astronomía nun día solleiro no que se falará sobre os reloxos de sol. Esta iniciativa terá lugar desde as 16.30 ata ás 18.00 horas e será impartida polo docente da EPS de Enxeñaría de Lugo, Manuel Andrade.

O 20 terá lugar unha sesión práctica de construción dun reloxo de sol e as persoas participantes usarano, tamén de 16.30 a 18.00 horas e tamén da man do docente Manuel Andrade.

Xa o 21 de abril, Tamara López, docente da Facultade de Humanidades, impartirá un seminario sobre a delincuencia común en Lugo durante o franquismo e o 24 a mesma docente levará a cabo unha sesión práctica de análise da vida cotiá no franquismo a través de imaxes e memorias.

Por último, Carolina Casal, investigadora da Facultade de Xeografía e Historia, impartirá o 25 de abril un seminario sobre museos e patrimonio cultural dos anos 90 no Museo Provincial de Lugo. As xornadas rematarán o 26 cunha saída ao Museo Provincial de Lugo, facendo un percorrido pola colección.