Skip to main content
A Pobra do Brollón

Desde o 17 de abril as persoas interesadas poderán apuntar aos seus fillos no PAI de Bóveda

Por 6 Abril, 2023Sin comentarios

O Concello de Bóveda abre o prazo de matriculación no Punto de Atención á Infancia do municipio.

Así, entre o 17 de abril e o 7 de maio, ámbolos días incluídos, as persoas que queiran matricular aos seus fillos neste servizo, poderán facelo.

Terán que facelo a través da presentación da documentación requerida na folla de inscrición nas dependencias municipais.