Skip to main content
A Pobra do Brollón

A Pobra do Brollón acolle a terceira edición dos Brindos Guímaros

Por 17 Abril, 2023Abril 18th, 2023Sin comentarios

O vindeiro venres 21 terá lugar a terceira edición do Obradoiro Brindos Guímaros do Concello da Pobra do Brollón.

Este evento estará aberto a todos os públicos e celebrarase no Bar Primeiro de Maio, onde haberá unha arepada.

O colectivo Erre que Erre, formado por Alba María, Sara Marchena, Nuria Penas e Lorena Medela; será o encargado de amenizar a xornada, que dará comezo ás 20.15 horas.

O brindo

O brindo é un xénero de improvisación oral cantada, propio de terras da Pobra do Brollón así como doutras zonas da montaña lucense e mesmo do Bierzo.

Tradicionalmente asociábase a vodas e celebracións, e as súas estrofas improvisadas usábanse polo xeral para o eloxio ou a homenaxe.

Nos obradoiros búscase respectar a esencia e estrutura do brindo, aínda que ampliando e variando o seu ámbito de aplicación e uso.