Skip to main content
Quiroga

A XXIII Mostra do Aceite de Quiroga abre o seu prazo de inscrición para os olivicultores

Por 10 Abril, 2023Abril 11th, 2023Sin comentarios

O martes ábrese o prazo para inscribirse na XXIII Mostra do Aceite de Quiroga, unha Festa de Interese Turístico de Galicia que se celebra o domingo día 14 de maio no Muíño de Aceite de Bendilló, nas Farrapas.

O prazo de inscrición para que os olivicultores do municipio se poidan anotar estará aberto ata o luns 17 de abril.

O número de colleiteiros está limitado a seis, polo que os interesados en participar serán seleccionados por orde de inscricións no rexistro de entrada das oficinas municipais.

Os requisitos imprescindibles para participar serán contar co rexistro sanitario vixente e ter unha colleita mínima de 200 litros de aceite.