Skip to main content
Quiroga

Cinco serán os olivicultores participantes na XXIII Mostra do Aceite de Quiroga

Por 21 Abril, 2023Sin comentarios

A XXIII Mostra do Aceite de Quiroga que se celebrará o domingo 14 de maio nas Farrapas, en Bendilló, contará con cinco olivicultores aos que se lles esixe contar co rexistro sanitario vixente e ter unha colleita mínima de 200 litros de aceite.

Ouro de Quiroga, Jesús Bao Mondelo, Jesús Arias Rodríguez, Aceiroga e Pedro Soto Losada son os olivicultores que poñerán á venda o Aceite de Oliva Virxe Extra de Quiroga, que xunto coa recreación da elaboración tradicional no muíño serán os puntos centrais desta xuntanza.

O programa da Mostra comezará ás 11.30 horas coa posta en marcha do muíño e a apertura dos postos de venda de aceite e produtos típicos. Nesta xornada non faltará a música e o baile tradicional que virán da man dos grupos locais, o Recanto, San Martiño e Arume da Queiruga.