Skip to main content
Ribas de Sil

As parroquias de Ribas de Sil xa contan con novo alumeado

Por 13 Abril, 2023Abril 14th, 2023Sin comentarios

O Concello de Ribas de Sil finalizou as obras de substitución do alumeado público nas parroquias do municipio.

Así, o Concello conta con máis de 700 novos puntos de luz e unha inversión de 250.000 euros aproximadamente financiadas ao 80% polo IDAE (Instituto para a diversificación e o aforro enerxético), pertencente ó MITECO (Ministerio para a transición ecolóxica e o reto demográfico do Goberno de España).

Tamén se cambiaron 10 cadros eléctricos.