Skip to main content
Ribas de Sil

Os veciños de Ribas de Sil contarán cun novo acceso ao barrio da Veiga grazas ao Plan Único

Por 26 Abril, 2023Sin comentarios

O Concello de Ribas de Sil está a acometer unhas obras no barrio da Veiga para proporcionar un novo acceso aos veciños.

Segundo o goberno local, este novo acceso “mellorará sen dúbida a calidade de vida dos nosos veciños e acortará as distancias de tránsito cara a San Pedro, ao mesmo tempo que reduce o volume de tráfico na rúa do Sil”.

Estas obras poden levarse a cabo grazas aos fondos de financiación do Plan Único da Deputación de Lugo, que está a axudar a diferentes concellos a executar mellorar en diferentes aspectos do seu municipio.