Skip to main content
Taboada

Os veciños de Taboada poderán gañar diñeiro por capturar vespas velutinas

Por 4 Abril, 2023Abril 5th, 2023Sin comentarios

O Concello de Taboada iniciou o reparto de trampas e líquido atraente para capturar vespas velutinas.

Así, os veciños que máis velutinas consigan atrapar recibirán premios en vales de 100 euros, 50 euros e 25 euros para gastar en material apícola.

Este concurso durará ata o 27 de maio, cando desde o Concello contarán cantas velutinas colleu cada veciño.

Opinión do PSOE

Os socialistas de Taboada celebran esta iniciativa por parte do goberno local, pero recordan que eles levan pedindo desde 2020 que se reparta este material aos veciños.

Ademais, remarcan que a data máxima para participar no concurso que dará vales de diñeiro é o 27 de maio, un día antes das eleccións.