Skip to main content
Taboada

O sector da madeira poderase analizar continuamente en Taboada para evitar conflitos

Por 5 Abril, 2023Abril 6th, 2023Sin comentarios

O Concello de Taboada e a Asociación de Empresarios da primeira Transformación da Madeira en Lugo firmaron un convenio que recolle “O bo uso dos servicios e accesos de titularidade do Concello no proceso de aproveitamento forestal do monte, garantizando a súa conservación”.

O Concello de Taboada, á través da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), habilitarase na plataforma da Consellería de Medio Rural para coñecer en tempo real os aproveitamentos de madeira autorizados no seu territorio.

A Asociación comprométese a promover e procurar que os seus asociados cumpran coa obriga de transmitir de forma dixital e en tempo real a súa actividade dentro do Concello e reparar os danos que causen.

Establecerase unha comisión mixta entre Concello e Asociación para analizar a situación do sector en cada momento e resolver posibles conflictos.