Skip to main content
Taboada

A Subida a Taboada celebrará a súa décima edición despois de dezasete anos

Por 6 Abril, 2023Sin comentarios

Foto de José Manuel Lamas

A Subida a Taboada retorna ao certame galego, nunha mostra de confianza cara a nova directiva da Federación Galega de Automobilismo, logo de 17 anos de ausencia.

O Campionato Galego de Montaña sumará así unha nova proba ao calendario aprobado na asamblea da FGA, a Subida a Taboada, atentendo así as peticións dos participantes nas citas en costa autonómicas.

Dado o interese do Concello de Taboada, acádase que o certame teña dúas citas puntuables en cada unha das catro provincias galegas, abrindo o abano de posibilidades para puntuar e ser campión Galego de cada unha das modalidades.

A data para a celebración da décima edición da Subida a Taboada será consensuada pola Comisión Delegada en próximas datas, nun fin de semana que axude tanto ó organizador como aos equipos participantes a ter un calendario o máis equilibrado posible.