Skip to main content
Taboada

O primeiro evento artístico cultural Ruralsía terá lugar este sábado en Taboada

Por 18 Abril, 2023Abril 20th, 2023Sin comentarios

A Asociación de Mulleres Rurais Landra de Taboada organiza este sábado, 22 de abril, o primeiro Ruralsía, un evento artístico-cultural no que haberá artesanía, poesía, música, patrimonio, contacontos, paseos e moito máis.

A partir das 11.00 horas, as persoas interesadas en participar deste evento poderán facelo no Pazo de San Pedro de Bembibre, que colabora no evento xunto co Concello de taboada e a Fundación Condado de Taboada.

Poetas como Toño Núlez, Anxo Boan, Ana Rey, Jose Carlos Ulloa, ana Gamallo, Andreia Costas e máis autores. En canto á música, acudirá ao evento Manoele de Felisa, un dos grandes cantautores galegos.

Por outra parte, expoñeranse obras e debuxos e contarase coa participación da Asociación de Mulleres O Xaramago.