Skip to main content
Taboada

O neno que foi criado por lobos e que inspirou a película ‘Entrelobos’ estará en Taboada

Por 21 Abril, 2023Sin comentarios

A Asociación Cultural O Carballo de Taboada a Asociación de Xubilados de Taboada organizan para este domingo, 23 de abril, a proxección do filme ‘Entrelobos’ ás 17.00 horas no Cuartel Vello.

Despois da proxección, as persoas asistentes poderán compartir un encontro con Marcos Rodríguez Pantoja (Añora, Córdoba, 1946), que foi un neno criado entre lobos que inspirou a obra e contará a súa experiencia.

Para participar non fará falta inscrición previa nin ten custo, polo que se acollerán persoas ata encher o recinto do Cuartel Vello de Taboada.