Skip to main content
Deportes SARRIAXASarria

O equipo xuvenil da SD Sarriana que conseguiu ascender á Liga Galega foi recibido polo goberno local

Por 5 Abril, 2023Abril 6th, 2023Sin comentarios

O goberno local de Sarria recibiu ao equipo xuvenil da SD Sarriana na Casa do Concello despois do ascenso que acadaron a pasada fin de semana contra a Piringalla.

Así, tanto o alcalde, Claudio Garrido, como o concelleiro de Deportes, Félix Seijas, falaron con campións e recoñeceron a súa valía por conseguir este éxito deportivo e o ansiado ascenso á Liga Galega.

Desde o goberno local de Sarria desexan que este sexa o preludio de moitos máis éxitos para o club de fútbol SD Sarriana.