Skip to main content
Deportes SARRIAXASamos

O Andalucía FS gañou a final do Torneo Fútbol Sala de Samos nunha final contra Os de sempre moi disputada

Por 13 Abril, 2023Sin comentarios

O Torneo Fútbol Sala de Samos, que este ano cumpriu a súa XXX edición, rematou cun sabor moi doce para os organizadores, os participantes e os gañadores, que resaltaron “a gran cantidade de afección e participación”.

Participaron en total 18 equipos de todas as partes da provincia de Lugo e que se debateron durante tres días en partidos de fútbol sala, sendo o primeiro día o xoves, 6 de abril, e extendéndose ata o domingo, 9 de abril, coincidindo co desenvolvemento da Semana Santa.

Así, o xoves e o venres tiveron lugar as “liguillas de todos contra todos” desde as 10.00 da mañá ata as 23.00 da noite e que deron lugar aos octavos que se xogaron o sábado pola mañá e os cuartos, o sábado pola tarde.

Desta maneira, o domingo tivo lugar a final, na que se enfrontaron Os Meigallos FS e a Lareira, que ocuparon o terceiro e cuarto posto, e por último, os campións, o equipo Os de sempre contra Andalucía FS.

O gañador absoluto foi o equipo de Andalucía FS, cunha gran final reñida na que Os de sempre loitaron polo primeiro posto.

Así, estes catro equipos recibiron os premios principais deste Torneo multitudinario, así como tamén foi premiado o mellor equipo local, atribuído ao Samos Fútbol Sala.