Skip to main content
O Incio

O festival Tremeterra do Incio puxo á venda camisetas do evento para promocionalo

Por 1 Abril, 2023Abril 2nd, 2023Sin comentarios

O evento Tremeterra que se vai celebrar este ano no Incio os días 1 e 2 de setembro xa está organizando as primeiras campañas e iniciativas para que a sociedade coñeza esta iniciativa.

O Tremeterra é un encontro da cultura Soundsystem que se celebra na contorna do Encoro de Vilasouto, na localidade de Eirexalba, Concello do Incio.

Desde a organización, defenden que “naceu en setembro do ano 2022 co obxectivo de impactar no eido local, tratando de crear unha alternativa de ocio para a xente da zona, dinamizando a contorna e facéndoa máis atractiva e activa ás novas xeracións, introducindo propostas culturais que están á vangarda noutras comunidades e países, servindo de impulso económico para o concello a través de colaboracións con entes e negocios locais de O Incio e arredores”.

Tamén serve “para dar a coñecer os espazos naturais de grande interese paisaxístico, ecolóxico e ambiental da zona por medio de talleres e charlas a cargo de asociacións locais que traballan e protexen o medio natural”.

Así, xa teñen á venda as camisetas do Festival Tremeterra a 10 euros para as persoas interesadas. Este evento é gratuíto á participación da poboación.