Skip to main content
O Incio

Laura Celeiro presentou a súa candidatura para conseguir gobernar o Concello do Incio co PSOE

Por 24 Abril, 2023Abril 25th, 2023Sin comentarios

O PSOE provincial presentou a candidatura do partido ás eleccións do Incio, encabezada por Laura Celeiro, candidata socialista á Alcaldía do Incio, que dixo que o municipio “ten que cambiar de rumbo, mellorar as súas dotacións públicas e apoiar a creación de emprego, e imos a loitar por elo”.

Durante o acto público de presentación, celebrado no Restaurante A Babioca, interviu o voceiro do PSdeG no Parlamento de Galicia, Luis Manuel Álvarez Martínez coa presenza de alcaldes, concelleiros e militantes do concello e da comarca.

José Tomé asegurou que Laura Celeiro “foi unha gran alcaldesa para O Incio, e despois do 28 de maio volverá a selo, retomado o proxecto político que comezou, con políticas centradas nas persoas, na defensa dos servizos públicos, na promoción do territorio, na promoción da economía e na aposta polo rural”.

O líder dos socialistas na provincia destacou que a candidata “conta con todas as condicións que necesita unha boa alcaldesa: experiencia na xestión municipal, preparación, capacidade de traballo”, ademais, incidiu “coñece moi ben O Incio, aos seus veciños, as súas necesidades, as oportunidades para avanzar, e ten toda a ilusión, todas as ganas, como o primeiro día. O único interese de Laura é traballar polo seus veciños”.

A candidata socialista remarcou que se presenta á Alcaldía “con moitas ganas de impulsar proxectos e iniciativas que redunden en toda a veciñanza da vila. Pero sobre todo quero devolver á veciñanza o protagonismo que lle corresponde na vida política do Incio. Un alcalde ten que mirar de fronte aos seus veciños, sen excluír a ninguén”, dixo.

Candidatura

Sobre a candidatura que encabeza explicou que “esta lista sae reforzada e renovada con cinco novas incorporacións, ás que hai que engadir sete persoas máis, en relación á pasada convocatoria municipal”.

Por iso, quixo lembrar o traballo que realizaron os seus compañeiros socialistas na Corporación, Manuel Pombo Vila e José Carlos Pereiro Vázquez, “que desta volta non repiten, pero cónstame que van a seguir ao noso carón apoiándonos e axudándonos. Gracias polo voso traballo ó longo destes anos, sempre loitando polo Incio”.

Así, sostivo que se presenta “cun proxecto ilusionante para resolver os problemas reais da veciñanza fronte á parálise na que ten sumido ao Concello o actual equipo de goberno do PP”, indicou.

A lista está conformada, ademais, dela, por José Amador Rodríguez López, Iria López Rodríguez, Darío Rodríguez Rodríguez, Iria Pereiro Arias, Miguel Ángel Moscoso Mao, Antonio López Fernández, Juan Manuel Pérez López, José Fernández Mera e os suplentes Fernando González Jato, Manuel González Caldas, Ester Rodríguez López, Manuel Pombo Vila e José Carlos Pereiro Vázquez.