O Concello do Incio acolle ao alumnado do obradoiro dual de emprego ‘A Pobra do Brollón, Bóveda e O Incio’ que está a levar a cabo a plantación de árbores de distintas especies en diferentes puntos do Concello do Incio.
Os alumnos, que son parte da especialidade formativa Instalacións e mantemento de xardíns e zonas verdes, son 13 traballadores e traballadoras en O Incio e Bóveda.
Esta iniciativa está financiada pola Consellería de Emprego e Igualdade e seguirán levando a cabo estas actuacións ata o 14 de xullo deste ano.