
O Concello de Láncara organiza uns talleres creativos para nenos e nenas do municipio durante os días 3, 4 e 5 de abril.
Terán lugar no Polifuncional do Campo da Feira, onde haberá distintos obradoiros segundo as idades.
Para os nenos de 2 a 6 anos, haberá un taller de ‘Bright Minds’, de 16.00 a 17.00 horas; mentres que para os de 7 a 11 anos haberá un taller de robots, de 17.00 a 18.30 horas.
Xa para os maiores de entre 12 e 16 anos haberá dous talleres, un de montar de mecánica, de 17.00 a 18.30 horas, e outro de facer robots, de 18.30 a 20.00 horas.