Skip to main content
Láncara

David Arcay impartirá un curso de pesca a mosca en Láncara o vindeiro 22 de abril

Por 10 Abril, 2023Abril 11th, 2023Sin comentarios

O Club de Pesca Río Neira organiza para o vindeiro 22 de abril un curso de pesca a mosca en Láncara.

A persoa encargada de dar esta formación é David Arcay, cinco veces campión do mundo nesta modalidade de pesca, un de forma individual e catro veces coa Selección Española.

A duración vai ser todo o día e terá unha parte teórica pola mañá e unha práctica pola tarde no río Neira, no couto de pesca sen morte de Láncara.

O curso ten un custo de 50 euros e é exclusivo para 20 socios, no que se inclúe a formación e a posterior comida na Taberna Airexe.

Porén, desde o club din que calquera persoa que queira pode apuntarse ao club e pagar a cota anual de 20 euros para poder formar parte desta actividade.

A duración vai ser todo o día e terá unha parte teórica pola mañá e unha práctica pola tarde no río Neira, no couto de pesca sen morte de Láncara.