
O PSOE de Láncara presenta a José Manuel García Aldegunde, coñecido como Calvelo, como o terceiro na lista da candidatura para as vindeiras eleccións de maio.
Desde o partido socialista defenden que é un “crack como persoa e como político” e que “é un referente para os socialistas”.
Ademais, subliñan a súa experiencia e “profundo coñecemento do Concello de Láncara”, polo que, para eles, “é un orgullo contar con el”.