Skip to main content
Láncara

‘Panza de burro’ e ‘Mariña’ son os libros que se lerán en Lancaralendo Clubs de Lectura

Por 25 Abril, 2023Abril 26th, 2023Sin comentarios

A Asociación Val de Láncara continúa coa súa iniciativa de Lancaralendo Clubs de lectura, que rematou o mes de abril coa celebración do Día do Libro e presentando os libros que lerán durante o mes de maio.

Así, ‘Panza de Burro’, de Andrea Abreu, será o próximo libro a ler no Mirador dos libros, un libro dunha escritora canaria nova “que está dando moito que falar desde que saíu publicado pola historia que conta e por escribir como realmente se fala nesa zona de Canarias”, explican desde a asociación.

Pola parte do Val dos Contos, o público infantil desfrutará da obra ‘Mariña’, de Isabel Somoza, escritora que, ademais, visitará á asociación en vindeiras datas.