Skip to main content
Paradela

A Festa de San Isidro de Paradela celebra a súa XXXII edición este 14 de maio

Por 22 Abril, 2023Abril 24th, 2023Sin comentarios

O vindeiro 14 de maio terá lugar a XXXII edición da festa de San Isidro no Concello de Paradela.

Ademais do tradicional desfile de gando e carros do país, o municipio paradelense acollerá feira tanto o día 14, domingo, como o luns 15.

A Asociación para o Desenvolvemento de Paradela (Adespa) organiza, xunto co Concello, esta edición que incluirá unha exposición de exemplares de raza rubia galega no mercado gandeiro, así como o desfile de vacas, cabalos e carros polas rúas do municipio.

Ademais, contarán coa amenización musical a cargo da Banda de Música de Paradela e a charanga local.

Para rematar o día, haberá unha degustación no campo da feira de Paradela de Tenreira Galega Suprema e de pan de Paradela e viño da Ribeira Sacra.