Skip to main content
O Páramo

O Páramo propón construír a residencia e o centro de día na parcela ‘finca Casa Amelia’

Por 2 Abril, 2023Sin comentarios

O Concello do Páramo está máis preto de contar cunha residencia e cun centro de día para persoas maiores despois dunha reunión que mantivo o alcalde, Jose Luis López coa conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, e o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias.

A proposta do Concello pasa pola construción dunha edificación de tres plantas nunha parcela de titularidade municipal coñecida como finca Casa Amelia.

A planta baixa destinaríase a centro de día enteiramente para usos residenciais, e a segunda estaría dividida entre zona de dormitorios, servizos e terraza exterior.

O novo equipamento contaría con 41 prazas de residencia e entre 20 e 25 de atención diúrna e a obra podería asumila o Goberno galego a través do financiamento da redacción do proxecto.

A conselleira destacou o impulso que nos últimos anos está a dar o Goberno galego aos servizos de proximidade para que as persoas maiores poidan ter as atencións que necesitan ao carón dos seus fogares.