Skip to main content
O Páramo

Os gandeiros do Páramo poderán desfacerse dos plásticos utilizados nas súas explotacións

Por 7 Abril, 2023Abril 8th, 2023Sin comentarios

O Concello do Páramo organiza unha recollida de plásticos agrícolas para que os gandeiros poidan desfacerse dos plásticos utilizados nas súas explotacións.

Esta iniciativa terá lugar os vindeiros 10 e 11 de abril e habilitaranse catro espazos onde os gandeiros poderán depositar os plásticos: antiguo vertedoiro municipal, SAT A Penela (Grallás), SAT Ladeira (San Vicente) e nas instalación Rodriz Freire S.L.

As normas para a recollida dos plásticos son que só se recollerán plásticos de silo ou invernadoiro, que os plásticos deberán estar atados en fardos, non poderán haber restos de leña nin herba e que non se poderán depositar rodas nin garrafas de plástico.

Durante todo o día dos 10 e 11 de abril as persoas interesadas poderán deixar os seus plásticos e non se poderán realizar máis descargas nos lugares sinalados despois destas datas.