Skip to main content
Samos

As obras da praza pública con vistas ao mosteiro de Samos avanzan en bo ritmo

Por 18 Abril, 2023Abril 20th, 2023Sin comentarios

As obras para construír unha praza pública en Samos avanzan a bo ritmo, segundo apuntan desde o Concello.

Esta praza con vistas ao mosteiro e ao río, cuxa construción comezou en marzo, estará rematada en xuño e contará cun acceso desde a Rúa Fontao e desde o paseo xunto ao río.

A praza ofrecerá unhas vistas “privilexiadas” ao monumento máis importante de Samos á abadía, como recolle o proxecto, que tamén contempla a elección do lugar, que engloba as características que identifican á localidade samonense, como son o río, o Camiño de Santiago e a natureza. Así, este espazo xuntarase co paseo que bordea o mosteiro.