Skip to main content
Sarria

A asociación Meigas e Trasgos de Sarria quere reparar o teito do seu edificio

Por 4 Abril, 2023Sin comentarios

A asociación cultural Meigas e Trasgos quere reparar o teito do seu edificio do Chanto.

Así o debatiron na asemblea xeral extraordinaria de socios do pasado 1 de abril na que ademais revisaron as contas do 2022, o orzamento e as cotas para o 2023.

Para estas tarefas de mellora encargaron un proxecto que rehabilite esta parte do edificio pois presenta numerosas deficiencias como goteiras que danan o interior.

Unha vez se dispoña dun proxecto técnico oficial, a asociación sarriá intentará solicitar algún tipo de axuda tanto autonómica como local para o financiamento que segundo cálculos iniciais podería superar os 50.000 euros.