Skip to main content
Sarria

Marian García Vicuña volve a impartir unha sesión de baño de son en La Unión

Por 12 Abril, 2023Abril 13th, 2023Sin comentarios

A Sociedade Cultural La Unión de Sarria acolle este 16 de abril unha nova xornada de Baño de Son coa profesional Marian García de Vicuña.

Nesta actividade, as persoas participantes poderán desfrutar dunha actividade que consiste en conseguir a relaxación e o contacto consigo mesmas a través de sons de diferentes instrumentos.

Será a partir das 20.00 horas no local de La Unión e para apuntarse ou ter máis información, pódese contactar coa instructora Marian García de Vicuña a través do número 657 776 942.