Skip to main content
Sarria

O primeiro taller sobre adicción ás novas tecnoloxías impartiuse no CEIP Frei Luís de Granada

Por 19 Abril, 2023Abril 20th, 2023Sin comentarios

Alar Galicia impartiu o primeiro dos talleres sobre adicción ás novas tecnoloxías que organiza a ANPA e a dirección do CEIP Frei Luís de Granada.

Neste caso, o taller foi para os nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria sobre adicción ás novas tecnoloxías, un obradoiro que forma parte de programa Neos, subvencionado pola Consellería de Sanidade.

Ademais deste obradoiro, o vindeiro 3 de maio, ás 16.30 horas terá lugar outro no mesmo colexio e impartido tamén por Alar Galicia que consistirá nun taller de habilidades parentais: ’Adicción ás Novas Tecnoloxías e factores de risco diante da Conduta Suicida’.