Skip to main content
Sarria

O obradoiro de pandeireta organizado pola asociación Meigas e Trasgos foi “moi entretido”

Por 24 Abril, 2023Abril 25th, 2023Sin comentarios

Quince persoas participaron do obradoiro de pandeireta organizado este sábado pola asociación Meigas e Trasgos de Sarria.

Neste taller de catro horas, as persoas aprenderon a facer e construír coas súas propias mans unha pandeireta e así poder desfrutar deste instrumento musical galego.

Desde a Asociación defenden que a actividade foi un éxito, xa que “foi súper ameno, moi entretido e o profesor que impartiu o obradoiro estivo súper implicado, polo que a tarde pasou voando”.