Skip to main content
Cospeito

Támoga abre as súas festas cunha churrascada

Por 2 Abril, 2023Abril 3rd, 2023Sin comentarios

A localidade cospeitense de Támoga festexa esta fin de semana, do 7 ao 9 de abril, as festas na honra da Virxe dos Desamparados.

O programa contará o venres 7 cunha gran churrascada popular a partir das 22.00 horas e verbena a cargo do dúo Dilema.

O sábado haberá misa solemne desde as 13.30 horas e a posterior sesión vermú, que estará ao cargo do Trío Elite. Pola noite volverá Salsarena e tamén Cinema para animar a verbena.

Pechará o domingo de novo co oficio relixioso e a sesión vermú estará ao cargo do grupo Alba coa que se dará por finalizada a sesión.