Skip to main content
Comarca TERRACHÁXADeportes TERRACHÁXA

O Concello de Begonte FS e o CD Castro sacan os seus albums de cromos

Por 9 Abril, 2023Sin comentarios

Seguindo na liña doutros anos, o CD Castro presentou o album do club para a tempada 2022/23, composta por imaxes de todos os xogadores, de todas as categorías, incluída a canteira e os veteranos.

Segundo explicou o presidente do club, o álbum recolle as imaxes de xogadores, adestradores e equipos diferentes. Contan con representación en Primeira e Segunda Galicia en competición oficial de adultos ademais de en todas as categorías da base, desde xuvenil a prebenxamín.

Os cromos véndense en sobres de cinco e os álbums poden comprarse na libreraría Cousas, na Amorín ou nas oficinas do club.

CONCELLO DE BEGONTE

Tamén apostou polos cromos o Concello de Begonte FS, que ten os seus á venda no pavillón e no estanco de Baamonde.

Biberón, prebenxamín, benxamín, alevín, infantil, cadete, xuvenil, sénior masculino B, sénior feminino, sénior masculino, adestradores e delegados, todo teñen o seu cromo.

Todos os nenos e nenas da escola recibirán de agasallo o album personalizado coa súa foto en portada para que poidan coleccionalos.