Skip to main content
Deportes LUGOXADeportes TERRACHÁXAFriolFriol TERRACHÁXA

Preto de 400 atletas participarán na novena carreira popular de Friol

Por 20 Abril, 2023Abril 21st, 2023Sin comentarios

A novena edición da carreira popular de Friol regresa este sábado coa participación de preto de 400 atletas, participando na absoluta 139 e o resto repartidos entre as seis categorías de menores. A de máis peso é a de pitufos, de menores de 5 anos, que conta con 68 inscritos.

Esta nova edición da carreira popular en Friol terá saída na Praza de España (diante do Concello). Haberá dúas categorías: a de menores que comezará ás 17:15 horas para seis categorías diferentes (100, 300, 700, 1400 metros); e a absoluta, que terá como hora de inicio ás 18:00 horas, cuxo recorrido será de cinco quilómetros para a categorías xuvenil, adultos e máster.

A saída está prevista na Praza de España, avenida de Lugo, ao pasar a gasolineira, estrada dirección Ousá ata a rotonda, onde se tomará a circunvalación dirección Friol, rúa Santa Isabel ata enlazar coa Avenida de Lugo, á altura do colexio daráselle unha volta ao mesmo para entrar na meta.

A entrega de premios será sobre as 19:00 horas diante da casa consistorial. Haberá trofeo para os tres primeiros clasificados de cada categoría, agás os máis pequenos e tamén para o grupo dos atletas locais.

Os máis pequenos recibirán todos medalla conmemorativa e repartiranse camisetas para todos os participantes ademais dunha cesta de produtos típicos para os tres primeiros clasificados masculinos e os tres femininos da absoluta.

Esta celebración deportiva xa é característica do Concello de Friol, pois debido ao éxito das anteriores edicións e ao aumento de público e participantes en cada nova edición, o Concello de Friol, continuará involucrándose tanto económica como organizativamente para poder  repetir cada ano probas deportivas de este tipo.

Esta nova edición da carreira popular súmase a outros acontecementos deportivos que o Concello de Friol organiza durante o transcurso de cada ano.