Skip to main content
Begonte

O Pleno de Begonte pide á Deputación a construción dunha residencia de maiores

Por 5 Abril, 2023Sin comentarios

O pleno de Begonte acordou por unanimidade pedir á Deputación Provincial a construción dunha residencia da terceira idade como as que se están a facer noutros concellos.

Este punto de día foi unha proposta do equipo de Goberno, que preside o popular José Ulla, que foi respaldado polos votos dos dous concelleiros socialistas.

Propón o Concello para est infraestrutura os terreos propiedade da Comunidade de Montes que se atopan ao lado da praza de Baamonde, moi preto do actual centro de día.

Ademais, o alcalde invitou aos concelleiros socialistas a realizar as xestións necesarias co equipo de Goberno da Deputación para acelerar aposta en marcha desta iniciativa.