Skip to main content
Cospeito

Sae a licitación o proxecto de creación dun viveiro de empresas na Feira do Monte

Por 9 Abril, 2023Abril 10th, 2023Sin comentarios

Este mes de abril sae a contratación o proxecto de creación dunun viveiro de empresas e un edificio multiusos no polígono industrial da Feira do Monte.

O proxecto, que foi cualificado de gran relevancia para favorecer o emprendemento e a creación de emprego no municipio, servirá de apoio para diversos proxectos industriais e para o comercio local.

Esta nova infraestructura empresarial contará con aulas para formación nas que tamén se poderán facer prácticas e na que os/as emprendedores/as disporán de espazos para iniciar a sua actividade empresarial.

Serán preto de 878 m2 de superficie util construída e repartidos entre unha zona de uso administrativo que contará con oficinas e espacios de reunión e 3 naves de uso industrial a disposición dos emprendedores interesados.

Esta actuación continúa a senda xa iniciada para que Cospeito sexa un Concello emprendedor sumándose á iniciativa Doing Business Galicia #doingbusiness, o que implica que as propostas empresariais poidan beneficiarse de bonificacións fiscais, simplificación nos trámites administrativos, así como recibir facilidades para optar a solo industrial.

A iniciativa conta co apoio da Consellería de Economía, Industria e Innovación, que lle concedeu unha axuda de 240.000 euros.