Skip to main content
FriolFriol TERRACHÁXA

Unha charla informará en Friol este martes sobre as novidades da PAC para o 2023

Por 17 Abril, 2023Sin comentarios

Este martes, 18 de abril, impartirase en Friol, unha xornada técnica sobre as novidades que se porán en marcha con motivo das axudas da PAC para o ano 2023.

A actividade está dirixida a gandeiros e agricultores e terá lugar no centro sociocultural a partir das 11.30 horas.

O encargado da exposición será o xefe do Fogga en lugo, José Manuel Ferreiro Fente e estará acompañado por persoal técnico da Oficina Rural de Lugo (antiga Oficina Agraria Comarcal). A sesión está organizada polo Concello de Friol.