Skip to main content
Guitiriz

A ITV móbil agrícola estará en Guitiriz a mediados de abril

Por 3 Abril, 2023Sin comentarios

A unidade móbil da ITV está entre os días 12 e 13 de abril en Guitiriz para facer as inspeccións técnicas a vehículos agrícolas. Estará instalada no polígono industrial de Guitiriz.

As revisións faranse de 9.00 a 13.30 horas e de 15.15 a 18.00 horas agás o 12, que será só pola mañá.

Para participar é necesario pedir cita previa, chamando ao teléfono 902 30 90 00 ou a través da páxina web www.sycitv.com.