Skip to main content
Guitiriz

O Concello de Gutiriz e a Deputación organizan un obradoiro de cestería

Por 5 Abril, 2023Sin comentarios

O Concello de Guitiriz, a Deputación de Lugo e a Reserva da Biosfera Terras do Miño organizan un obradoiro de cestería creativa. A edición deste ano do taller terá lugar o sábado 29 de abril e o sábado 6 de maio de 10 a 14 horas no soto da Casa Habanera.

A inscrición para esta actividade é de balde e abrirase o vindeiro luns 10 de abril, unha vez remate a Semana Santa. As persoas interesadas poderán anotarse ata o venres 21 deste mesmo mes chamando ao teléfono do Concello: 982 370 109 ou de xeito presencial no edificio da Casa Consistorial. As prazas para participar son limitadas e respectarase a orde de inscrición.

O obxectivo do obradoiro é aprender as técnicas para facer cestos e coñecer os diversos materiais necesarios para a súa elaboración. É un taller recomendado para o público en xeral, incluíndo nenos e nenas a partir dos 10 anos.