Skip to main content
Muras

Muras acolle este sábado o seu primeiro descenso de carrilanas

Por 29 Abril, 2023Maio 1st, 2023Sin comentarios

A localidade de Muras acolle este sábdo, 29 de abril, a primeira edición do descenso de carrilanas, que será tamén a primeira proba galega e a segunda do calendario actual. A competición prevista para Muras será puntuable para a Copa Galicia.

A proba está organizada tamén pola Asociación Carrilanas os Meiregos e baixo a normativa da Federación Española de Deportes de Inercia, polo que só poderán participar aquelas persoas que teñan en vigor a licenza federativa.

Os menores de idade deberán presentar coma sempre a autorización correspondente para facer a inscrición, que pode xestionarse a través da web da federación ou no correo asociacionosmeiregos@gmail.com.

A baixada muresa dará comezo na súa primeira manga ás 17.00 horas e a segunda ás 18.30 horas. Pero o horario da sesión iniciarase ás 11.30 horas coas verificacións técnicas, seguido dun aperitivo. Ás 14.30 horas terá lugar os remontes para dar inicio ás 15.30 horas ao adestramentos oficiais.

O percorrido será desde o alto das Louseiras ata a propia vila de Muras, cun tramo de aproximadamente tres quilómetros.

Haberá a disposición dos participantes vinte categorías, para que escollan por tipo de vehículo e idade dos participantes.

O calendario provisional da Federación establece 17 probas, das que cinco son na provincia de Lugo. A primeira xa se celebrou o día 1 de abril en Llanes, Asturias e continuarán o 29 en Muras.

Tras pasar por Portugal e Bélxica no mes de maio, retomaranse as competicións en xuño con tres citas, a última o 17 en Meira. En xullo concentraranse seis probas, que abrirá a de Ribas de Sil o día 8. Non faltará este ano a de Abadín, os días 15 e 16 e, ao fin de semana seguinte, a da Pontenova. Pecharase deste xeito, mentres non se confirmen máis datas, a participación luguesa, mentres as probas continuaránpor Italia, Ourense, A Coruña e Lugo.