Skip to main content
Outeiro de Rei LUGOXAOuteiro de Rei TERRACHÁXA

Convocan en Outeiro de Rei unha andaina popular para o día 15

Por 1 Abril, 2023Sin comentarios

O  GDR-4 (Asociación para o Desenvolvemento Rural da Comarca de Lugo) en colaboración co  Concello de Outeiro de Rei  organiza para o sábado 15 de abril unha andaina popular con saída ás 10:30 horas do local social de Martul.

Trátase dunha actividade para toda a poboación, co obxectivo de coñecer un fermoso recurso natural, cultural e patrimonial pertencente a Reserva da Biosfera Terras do Miño.

O recorrido será de 10 km camiñando pola Ruta Arqueolóxica do Acevedo, unha ruta circular, de dificultade baixa cun tempo aproximado de realización de 3 h.

É obrigatorio inscribirse antes a través do seguinte e-mail: info@comarcadelugo.gal