Skip to main content
As Pontes

O BNG das Pontes di que o Concello perdeu as axudas para a transición xusta

Por 6 Abril, 2023Sin comentarios

“A incompetencia do goberno municipal do PSOE fai que o noso Concello quede fóra das axudas Transición Xusta para infraestruturas municipais ambientais, sociais e dixitais. O que en febreiro era unha inadmisión provisional por defecto ou falta de documentación obrigatorio, converteuse fai uns días na súa exclusión definitiva. Así, a nosa vila volve perder outro ano máis a oportunidade de levar adiante proxectos cunha gran suma de fondos que proveñen doutras institucións”, explica a voceira local do BNG e candidata á alcaldía, Carmela Franco.

Afirma que a resolución final publicada o pasado 31 de marzo expón que os proxectos presentados polo Concello das Pontes non chegaron a ser admitidos, tampouco logo das reclamacións, por incumprir as bases da convocatoria. “É dicir, As Pontes queda fóra das axudas que lle corresponden como centro da nosa zona de transición mentres outras vilas da contorna poden investir en interesantes iniciativas cunha importante dotación económica”, dixo.

A voceira lamenta “a exclusión das Pontes destas importantes axudas que poderían facer realidade, por exemplo, o noso Fogar das Maiores co dobre de prazas que a proposta por Formoso e mellorar considerablemente a vida das pontesas e ponteses”. Asemade amosa a “predisposición total do BNG, como xa se fixo no 2019 co encargo do Plan Estratéxico, para colaborar na elaboración destes proxectos para os que se expón claramente o obxecto da convocatoria e a documentación a aportar e que ningunha das oito dedicacións exclusivas tivo a ben cumprimentar”, sinala a alcaldable do BNG.

“A principal baza de Formoso de cara a veciñanza era a súa predisposición e contactos cos altos mandos do seu partido, cos que se gaba facendo fotografías e asistindo a diferentes actos. De feito, o agora ministro de Sanidade, Xosé Manuel Miñones, acudiu no seu día a presentar a oficina técnica de soporte da Transición Xusta, unha oficina que debe traballar para todas menos para As Pontes. Nós agora pagamos os pratos rotos do PSdeG e das aspiracións frustradas do pluricandidato que, ademais de termos un alcalde en funcións obrigado polo seu partido, está rodeado dun equipo de goberno que non é quen de cubrir un simple formulario”, conclúe.