Skip to main content
As Pontes

Recaudan fondos para a AECC-As Pontes este sábado cun festival

Por 21 Abril, 2023Sin comentarios

A Escola Municipal de baile moderno, danza clásica e flamenco das Pontes organiza unha gala benéfica a favor da Asociación Española Contra o Cancro-Xunta Local As Pontes.

A escola representará o espectáculo Disco Alovi 37 no que contará coa colaboración de O’Catre Teatro.

A sesión terá lugar este sábado, 22 de abril, de 18:00 a 20:00 horas no auditorio municipal Cine Alovi.

A venda de entradas terá lugar hoxe venres, de 18:00 a 19:30 horas, e o sábado, de 12:00 a 13:30 horas.