Skip to main content
Rábade LUGOXARábade TERRACHÁXA

Rábade contará co primeiro festival Entrepontes o 13 de maio

Por 8 Abril, 2023Abril 9th, 2023Sin comentarios

O colectivo Fillos da Chaira de Rábade vén de convocar a celebración dun festival que se desenvolverá na localidade en maio baixo o título Festival Entrepontes.

A data escollida foi o día 13 de maio para unha cita coa música que será gratuíta para os asistentes.

A primeira confirmación do festival será o grupo Ninghures, que levará á vial o seu fresh folk galego dentro da xira de presentación do seu novo album: Aquí.

Segundo avanzou a organización, o festival contará cunha xornada chea de actividades na que consideran que será primeira edición dun festival que nace con aires de continuidade e no que aseguran que estarán artistas de primeiro nivel.