Skip to main content
Deportes LUGOXADeportes TERRACHÁXARábade LUGOXARábade TERRACHÁXA

O Insuas do Miño FS logra o ascenso a Terceira División a falta de 4 xornadas

Por 17 Abril, 2023Abril 18th, 2023Sin comentarios

O equipo Galical Insuas do Miño de Rábade FS logrou esta fin de semana o ascenso á Terceira División a falta de 4 xornadas para que remate a competición.

O equipo rabadense lidera con dez puntos de vantaxe a súa táboa, a de Preferente Norte, pero como ascenden os dous primeiros e supera en 16 pntos ao Betanzos xa pode proclamarse como equipo de Terceira.

O Insuas do Miño sabía que unha vitoria era necesaria nesta xornada e así venceu ao Pontedeume a domicilio por un disputado 3-5. As ansias de ascenso fixeron que aos catro minutos de xogo levase xa dous goles no peto. O local non tirou a toalla e pelexou pola vitoria pero o Rábade non deu opcións e liderou o marcador durante todo o encontro.

O equipo estaba preparado para festexar o ascenso, xa que estivo acompañado polos seus afeccionados, que viaxaron en autobús ao pavillón da Casqueira.

O equipo loitará agora por ser o campión de liga, título que podería asegurar a próxima fin de semana. O Vilalba FS é o gran rival para manter o liderado ata o final.