Skip to main content
Rábade LUGOXARábade TERRACHÁXA

José Sangiao, elixido candidato do BNG á Alcaldía de Rábade

Por 26 Abril, 2023Sin comentarios

A asemblea local do Bloque Nacionalista Galego en Rábade elixiu por unanimidade a José Sangiao Saá como candidato á alcaldía de Rábade.

José Sangiao Saá é veciño de Rábade e xubilado.

José Sangiao declarou “en primeiro lugar, quero agradecer ás compañeiras e compañeiros que decidiran que eu sexa a persoa que encabece o proxecto do BNG en Rábade, é unha honra, mais entre todas e todos daremos o mellor de nós para que Rábade conte cun novo proxecto que ilusione, xa que outro xeito de gobernar é posíbel”.

De igual xeito, o candidato do BNG á alcaldía de Rábade salientou “coas ideas claras, con capacidade e con entusiasmo, potenciaremos os espazos públicos, mellorando o espazo urbano cun modelo máis acaído para as persoas; o modelo BNG de política municipal é mellorar a calidade de vida da veciñanza” e enfatizou ”queremos que as veciñas e veciños de Rábade sintan máis orgullo do seu concello, onde os seus servizos públicos, o seu benestar, a súa contorna formen un conxunto atractivo para poder desenvolver un proxecto de vida aquí, e o BNG é capaz de acadalo”.