Skip to main content
Rábade LUGOXARábade TERRACHÁXA

Supervisan o campo de fútbol Catro Ventos antes do inicio da rehabilitación

Por 29 Abril, 2023Maio 1st, 2023Sin comentarios

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, e o alcalde de Rábade, Francisco Fernández Montes, visitaron este venres os terreos para a rehabilitación e mellora do campo de fútbol Catro Ventos, empregado polo equipo local para disputar os seus partidos e adestrar. A Deputación de Lugo financia integramente esta actuación a través dun convenio de colaboración co Concello cun orzamento de 200.000€.

Os traballos contemplan a renovación do peche do campo de fútbol, a rehabilitación da bancada, a renovación da cuberta e a dotación de novas portas de acceso, tanto peonil, como de vehículos, o que aumentará a capacidade da veciñanza para asistir ao campo de fútbol. Tamén se construirá unha plataforma para o acceso de ambulancias e de maquinaria.

Por outra banda, mellorarase o firme da zona do ximnasio existente na esquina da rúa Cantarrana co camiño Carpaciñas e demolerase a caseta de madeira do outro lado, entre a rúa Bautista Núñez e Carpaciñas.

Memory: 148.7969MB (7.27% of 2048MB)