Skip to main content
RiotortoRiotorto AMARIÑAXA

A Asociación de Emigrados de Río Torto de La Habana celebrou xunta xeral

Por 2 Abril, 2023Sin comentarios

No salón da Oficina de Xunta de Galicia no outrora pazo do Centro Galego da Habana, foi celebrada a xunta xeral de asociados da Sociedade Emigrados de Riotorto, fundada en abril de 1915.

Coa presenza da súa presidenta Laura Hernández Rivera e outros membros da xunta directiva; co quórum regulamentario foi lida a orde do día e as distintas secretarías leron os seus respectivos informes, os que foron aprobados polos asociados presentes. Tamén foron tratados diversos temas de importancia para o desenvolvemento da institución, entre outros, os preparativos para a celebración do 108 aniversario da data fundacional, así como a restruturación da xunta directiva como consecuencia das baixas.

Foi tamén dado a coñecer o orzamento para o 2023, así como o plan de actividades que se desenvolverán durante este ano, o cal prevé fundamentalmente accións dirixidas aos asociados novos e recoñecementos aos socios de longa permanencia na institución.

Foi aprobada por unanimidade a nova cota social atendendo á actual situación económica.

En asuntos xerais foi recoñecida a presidenta Laura Hernández Rivero pola súa activa e eficaz labor desenvolvida a partir da súa elección en pos do desenvolvemento da institución co obxectivo de garantir a continuidade histórica coa masa xuvenil que vai crecendo día a día.

Outorgouse o título de Vogal de Honra ao asociado Andrés Barreiro Hernández pola súa sostida achega ao engrandecimiento da sociedade.

Foron aprobados o novos integrantes da xunta directiva nos cargos vacantes, os mesmos son:

Celestino Raúl García Alvarez, vicepresidente, Nahyr Nacer vice tesoureira, María de los Ángeles Cabrera Martínez vicesecretaria e os vogais Yahyma Solís, Sheyla Brizuela, Deicelia González e Francys Matrero.

Para dar por terminada a Xunta Xeral de asociados gozouse dun espazo cultural a cargo da compañía danzaria da Asociación nos seus niveis de nenos e maiores.