Skip to main content
Vilalba

O FIV presenta o horario final do festival, para completar o programa

Por 7 Abril, 2023Abril 8th, 2023Sin comentarios

O FIV de Vilalba presentou o último cartel, o que desvela como se organizarán os concertos que se celebrarán entre o 28 e o 30 de abril en Vilalba.

Grupos de renome como Lori Meyers e Sidecars completan o cartel xunto outros artistas do panorama actual como La Casa Azul, Sidonie, Delaporte, Carlangas e Hickeys. Tamén contarán con nomes galegos como Moura ou Berta Franklin. Sen esquecer dos DJs que amenizan as veladas para que a festa non termine e a Banda de Música de Vilalba que nunca se perde a cita.

O venres 28 de abril subiranse ao Escenario Vibra Mahou do Campo da Feira cinco artistas a partir das 20.00 horas, con entrada ao recinto aberta xa desde as 19.00. Actuarán cada hora e media polo seguinte orde: Moura, Carlangas, Aidecars, La Casa Azul e Akkan. Mentres que o sábado actuarán comezarán ás 19.15 con Berta Franklin para continuar con Hickeys, Delaporte, Sidonie, Lori Meyers e Ocho y Medio Dj’s. A nova fichaxe do festival, Tangerine Sistas, inaugurarán o escenario principal ambas as noites coa súa música electrónica.

Tamén o sábado 29 de abril, o escenario emerxente da praza da Constitución acollerá os concertos da Banda de Música de Vilalba ás 12.00 horas, aos murcianos Los Malinches, ás 13.30, e aos DJ’s Jus Kno ás 15.00. Por último, o domingo 30 de abril e no mesmo espazo, o grupo infantil A Gramola Gominola deleitará aos máis pequenos da casa a partir das 12.30 horas para pechar tres días completos de música. Todos os concertos situados neste escenario serán gratuítos.

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS

O FIV ofrecerá diferentes actividades culturais paralelas durante a fin de semana. A casa da cultura acollerá tres propostas na que a música será o eixo central.

Así, o venres 28 de abril realizarase a gravación do podcast Café Derby 21 con artistas invitados. Trátase dunha actividades con prazas limitadas. Realizarase proximamente un sorteo en redes para elixir os gañadores que poderán vivir o programa en directo.

O sábado 29 de abril, tamén na casa da cultura  haberá un coloquio sobre a evolución dos medios musicais. Será unha conversación entre profesionais do sector sobre a evolución do xornalismo musical nos últimos tempos e, en especial, desde a pandemia, e como as novas canles de difusión transformaron a comunicación. As prazas son limitadas e o formulario de inscrición estará dispoñible a partir do 20 de marzo.

Finalmente, o domingo 30 de abril farase a presentación do libro infantil Isto é rock! de Javier Becerra. Tamén contará con prazas limitadas e o formulario de inscrición estará dispoñible a partir do 20 de marzo.

Ademais, durante toda a fin de semana haberá un concurso de Reels no que se pode gañar un abono dobre para o FIV 2024. Os requisitos para participar son ser maior de idade, ter conta en IG, realizar un vídeo en formato Reels dunha duración entre 15″ e 30″ no que apareza polo menos un dos elementos representados no skyline do cartel deste ano, e etiquetar a @fivdevilalba e @vilalba.concello co hashtag #vilalbaémoitomáis.

O período de participación estará aberto desde o 28 de abril de 2023 ás 00:00 horas ao 30 de abril de 2023 ás 23:59 horas.

A Campaña do comercio e hostalería local Eu son FIV volve nesta edición para visibilizar e fomentar o consumo nos establecementos de Vilalba ao longo de toda a fin de semana do festival.

TRANSPORTE

O FIV contará este ano cun servizo de autobuses dende Lugo e A Coruña, tanto de ida como de volta os dous días. Así, establécese un horario de ida a Vilalba desde Lugo en liña regular o venres ás 9, 10, 11.15, 14.30, 15.30, 18.00, 18.15, 19.00 e 20.00. Da Coruña sairá un ás 14.30 horas.

O sábado o horario será máis reducido, con saídas ás 10.15, 16.00, 18.00 e 18.15 dende Lugo e de novo ás 14.30 desde A Coruña. Os prezos dos autobuses será de 3,05 euros desde Lugo e 7,60 da Coruña.

Por outra banda, fletarán autobuses especiais para o regreso a estas cidades unha vez rematado o concerto no escenario principal. Será por tanto ás 4.30 horas para os dous casos.

Os autobuses sairán da rúa Cuart de Poblet, fronte ao CEIP Antonio Insua Bermúdez. Este autobús nocturno terá un prezo especial, de 12 euros para cada viaxe de volta a Lugo e de 14 euros á Coruña.

Os interesados en coller este servizo poden facer as súas reservas na páxina web do festival.

ACAMPADA

Este ano establecéronse tres zonas de acampada e só queda sitio nunha. As dúas prmeiras, no pavillón do CEIP Mato Vizoso e no pavillón do CEIP Insua Bermúdez teñen ocupada a capacidade de 60 tendas por pabellón e cada parcela. Contan con duchas, vestuarios diferenciados e aseos.

O campamento abrirá ás 17.00 horas do venres e pechará o domingo ás 14.00 horas.

Finalmente, habilitouse unha nova zona de acampada debido á alta demanda. Esta vez o recinto escollido foi o campo de fútbol Estadio Roca e as prazas son limitadas. As reservas estarán dispoñibles a través da páxina web ata o 16 de abril ou ata esgotarse o número máximo de parcelas.

OS GRUPOS

Lori Meyers ️ é un dos catro grupos más importantes do panorama indie patrio. A banda de pop-rock alternativo, formada por Noni, Alejandro e Alfredo, nace a finais dos 90 pero o seu éxito non deixa de aumentar. En Octubre de 2021, tras catro anos de inactividade e coas dificultades derivadas da pandemia, o grupo presenta o seu álbume “Espacios Infinitos”; co que siguen xirando este ano.

La Casa Azul é unha das bandas máis emblemáticas do país e corona o cartel dos primeiros artistas desvelados para esta nova edición. Nos seus concertos transporta ao público a un mundo de fantasía. Todo un espectáculo de luz e cor que se move entre a melancolía e a felicidade máis explosiva, o seu directo non deixará a ningún indiferente.

Sidonie leva máis de dúas décadas de andaina, consolidándose como unha das grandes bandas de rock españolas. Dende aqueles primeiros compases nos que en determinados momentos do show recurrían a disfraces para defender o seu debut ata a actualidade, o grupo pasou por múltiples escenarios principais e salas co cartel de localidades esgotadas. Tres siluetas recoñecibles ao instante. É algo que non cambiou desde o “Shell Kids”, o seu segundo álbum, o último antes de que o grupo deixase atrás o inglés para cantar en castelán.

Sidecars é un grupo de pop-rock español, xurdido en Madrid, que debuta en 2008 co seu álbume homónimo. Estribillos e letras pegadizas que fan que sexan un reclamo en festivais de todo o país. Hoxe en día son unha das bandas destacadas dentro do imaxinario do indie rock español.

Delaporte é un dúo hispano-italiano afincado en Madrid, formado por Sandra Delaporte e Sergio Salvi. Hoxe en día están considerados unha das mellores bandas de pop electrónico en España. Durante 2021 impulsaron o proxecto feminista “Titanas” para visibilizar á muller na industria da música en vivo e tamén lanzaron o seu último EP “Abril” para volver ao seu son clubbing no que denominaron “La vuelta al club”. Desde entón, están a presentalo de xira por toda España e o FIV será unha das paradas máis esperadas en Galicia.

Carlangas, ex vocalista de Novedades Carminha, presentou este ano o seu début en solitario cun fixache estrela: Manu Chao. Coa canción “Cae la noche”, Carlangas ensina unha nova cara do universo sonoro que plasmará no seu álbum de debut que presentará nesta nova edición do FIV.

Moura son, sen dúbida, unha das bandas de rock más interesantes do panorama nacional. Dende un recóndito lugar entre a costa e a montaña, Moura debuxan un pequeño mapa do patrimonio inmaterial do pobo galego. A banda convida a formar parte do seu aquelarre, empregando a lingua galega como voz ritual.

Hickeys, banda exclusivamente feminina que comezou a súa viaxe en 2018. O seu son abraza ao máis escuro post punk e, á vez, ao máis fino rock alternativo, irrompendo no panorama nacional influenciadas, sobre todo, pola escena post punk inglesa. Cun estilo onde reinan a contundencia e a sensibilidade, presentarán no FIV o seu primeiro proxecto, Fragile Structure, que foi estreado o pasado mes de setembro.

Los Malinches son una de las bandas que mejor representa el resurgimiento psicodélico inspirado en los años 60 y 70. Sus composiciones y una cuidada puesta en escena, captan la atención de todo el panorama alternativo.

Berta Franklin é un quinteto lucense formado no 2017. Nos seus comezos, a banda destaca por apostar polo soul de raíz americana, pero co paso do tempo os sintetizadores collen forza para dar paso a un son electrónico que evoca con nostalxia o pop dos anos oitenta.