Skip to main content
Vilalba

Vilalba celebra a próxima fin de semana unha feira de oportunidades

Por 10 Abril, 2023Sin comentarios

Vilalba volverá contar a próxima fin de semana coa Feira de Oportunidades, na súa V edición, que se prolongará sábado e domingo na praza da Constitución organizada pola Asociación de Empresarios Sete Pontes.

O horario da feira será de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas e os visitantes poderán atopar na mesma importantes descontos nos productos dos comercios participantes.

Nesta feira das oportunidades estarán presentes As Nubes Moda, Cárber Moda, Grupo MEF, Lanas y Corsetería Pingüin, Luis Castro, Maymar, O Gato con Botas, Retoños, Rótulos RM, Texas e Zokos.