Skip to main content
Vilalba

Controlado o incendio que calcinou unha nave do polígono Sete Pontes de Vilalba

Por 14 Abril, 2023Abril 16th, 2023Sin comentarios

O 112 deu por controlado o incendio declarado no polígono industrial Sete Pontes de Vilalba e que calcinou ao completo a nave Ambigal 360, unha empresa que se dedica á reciclaxe de plásticos, papel, madeira e outros residuos moi inflamables.

O incendio, que se declarou sobre as 18.00 horas por causas que aínda se descoñecen, mantivo en vilo á localidade e máis aos empresarios xa que ameazou ás naves colindantes, unha mazá composta por 12 empresas.

O lume puido darse por controlado durante a madrugada pero aínda se traballa no lugar para arrefriar toda a zona e apagar os últimos rescoldos.

No incendio traballaron bombeiros desprazados dende Barreiros, Lugo, Sarria e Eume, ademais dos de Vilalba xunto a un helicóptero. Durante a noite tamén se incorporou un equipo de Monforte despois de facelo os membros do GES de Monterrroso e Friol-Palas. Por outra banda, o Grupo de Apoio Loxístico de Intervención do 112 enviou un semirremolque con iluminación.

Pola súa banda, a Xunta de Galicia activou o Plan Territorial de Emerxencias de Galicia (Platerga) co obxectivo de coordinar todos os dispositivos mobilizados.

En especial situación de perigo estaba un concesionario das inmediacións, que sacou os vehículos e demais obxectos susceptibles de avivar o lume.